Selecciona o teu idioma

Fontanería, saneamentos, biomasa e moito máis

Fontanería, saneamentos, biomasa e moito máis

Solucións integrais de fontanería en Burela

En O Faro ofrecemos unha ampla carteira de servizos de fontanería, dende reparacións de pequenas avarías ata instalacións completas. Realizamos os nosos traballos de fontanería e de mantemento con eficacia e no menor tempo posible, para ofrecerlle unha solución rápida e que lle cause mínimas molestias.

Cada cliente é único e ten unhas necesidades concretas, polo que ao contactar con nós ou visitar a nosa tenda en Burela, ofrecémoslle un asesoramento personalizado: ben sexa que queira contratar os nosos servizos para amañar unha pequena avaría ou necesite mercar accesorios para o baño, poñémonos á súa disposición para garantirlle un resultado de calidade.

Traballos xerais de fontanaría

  • Pequenos atascos
  • Roturas de tubaxe
  • Billas
  • Desaugadoiros
  • Lavabos
  • Vertedoiros
  • Sanitarios
  • Cisternas
  • Fugas de auga
fontanería en Burela

Instalacións de calefacción

A nosa experiencia e formación capacítanos para levar a cabo instalacións de calefación e gas, tanto embotellado como canalizado, e expedir tamén os certificados pertinentes que aseguran unha instalación de calidade

Sistemas convencionais

  • Caldeira de gas
  • Gasóleo
  • Gas embotellado
  • Gas canalizado

Enerxías renovables

  • Aerotermia
  • Xeotermia
  • Biomasa: pellets, leña...
fontanería en Burela

Instaladores de enerxías renovables en Burela

En O Faro realizamos a instalación de sistemas de calefacción ecolóxicos e eficientes, entre as que destacan as caldeiras de biomasa e as estufas de pellets. As nosas estufas proporcionarán unha temperatura agradable e un ambiente cálido no seu fogar, á vez que supoñen unha opción sostible.

A biomasa é unha enerxía renovable que emite cantidades baixas de CO2 e utiliza un combustible a base de materiais ecolóxicos. Ademais, o prezo dos pellets é moi económico e o funcionamento das estufas é moi sinxelo.

Busca aforrar en calefacción mentres respecta o medio ambiente? Póñase en contacto con O Faro, somos expertos na instalación de estufas de pellets e enerxías renovables.

Venda de saneamentos e accesorios de baño

En O Faro non só levamos os nosos servizos de fontanería, calefacción e gas ao seu fogar, senón que contamos cunha tenda onde atopará todo o necesario para equipar o seu cuarto de baño por completo: accesorios, anteparos, pratos de ducha, mobles de baño, pezas de saneamento...

Non dubide en visitarnos, ofrecerémoslle un asesoramento personalizado e as mellores marcas do mercado para transformar o seu baño.