Fontanaría xeral, saneamientos, instalacións e biomasa en Burela
O Faro: fontaneiros en Burela
Queremos ofrecer un servizo íntegro de fontanaría aos nosos clientes, por iso, realizamos todo tipo de arranxos e instalacións desta índole. Tamén nos encargamos de facer instalacións de calefacción e, ademáis, tamén estamos capacitados para facer instalacións de gas (embotellado ou canalizado) na súa vivenda, así como para expedir os certificados pertinentes.
Para completar a nosa oferta, na nosa tenda poderá atopar asesoramento completamente personalizado, así como unha ampla variedade de accesorios para o cuarto de baño.
Visítenos en Burela ou contacte connosco. Esperámoslle!
Traballos xerais de fontanaría
En O Faro contamos coa formación e a experiencia necesaria para resolver calquera traballo relativo á fontanaría. Encargámonos de solucionar problemas relativos pequenos atascos, roturas de tubaxes, grifería, desaugadoiros, lavabos, vertedoiros, sanitarios, cisternas, fugas de auga...
Somos profesionais do sector e encargarémonos de realizar o traballo coa máxima eficiencia e a maior brevidade posible, para que calquera avaría que poida xurdir cause as mínimas molestias.
Así mesmo, tamén realizamos traballos de mantemento. Se necesita contratar os nosos servizos de fontanaría, póñase en contacto connosco ou visítenos no noso establecemento de Burela.
Instalacións de calefacción
Contamos coas acreditacións necesarias para realizar instalacións de calefacción. Ademais, estamos perfectamente cualificados para solucionar calquera avaría que poida xurdir con elas.
Podemos instalar a calefacción máis acorde ás súas necesidades, buscando a opción que máis lle beneficie.
- Calefaccións mediante xeradores convencionais: caldeira de gas, gasóleo...
- Calefacción mediante enerxías renovables: aerotermia, biomasa (pellets, leña), geotermia...
Se quere contar con profesionais experimentados para realizar a súa instalación, non o dubide, en O Faro encargámonos de todo o proceso, para que vostede non teña que preocuparse por nada.
Enerxías renovables en Burela
Entre os servizos que ofrecemos aos nosos clientes poderiamos destacar a instalación de caldeiras de biomasa en vivendas, caldeiras de biomasa así como estufas de pellets.
Estas estufas permiten a todas aquelas persoas que decidan instalala, gozar dunha temperatura agradable e unha enerxía eficiente e respectuosa co medio ambiente. É unha opción moi demandada grazas ás vantaxes que trae consigo:
- 1. É unha enerxía renovable, eficiente e emite baixas emisións de CO2.
- 2. O seu combustible, os pellets, está feito a base de materiais ecolóxicos.
- 3. O prezo dos pellets é moi alcanzable.
- 4. Ofrece un alto índice calorífico, o que nos permite ter un ambiente cálido na vivenda.
- 5. As estufas son moi sinxelas de usar e programables.
- 6. Existen establecementos que levan os pellets ata o seu fogar.
Se quere comezar a gozar das vantaxes da enerxía de biomasa, contacte con O Faro, encargámonos de realizar a súa instalación.
Plan renove do INEGA
O Faro estamos adheridos o plan renove do Insituto Enerxético de Galicia para proxectos de enerxías renovables. Si necesita máis información, contacte connosco.
Venda de saneamentos e accesorios de baño
Na tenda de O Faro atopará unha gran variedade de produtos para acondicionar o seu cuarto de baño: desde accesorios a mobles de baño, pasando por mamparas e pratos de ducha.
Se está a pensar en reformar o seu baño ou quere substituír algún dos elementos que o compoñen, en O Faro ofrecémoslle unha selección de pezas de saneamento das mellores marcas e calidades.
Ademais, encargarémonos de asesorarlle de maneira individual e personalizada para que sempre atope aquilo que viña buscando. Visítenos en Burela!